27/4/09

ALERTA RAC !! I Jornada Antifascista em Lugo

Non sabemos a certeza real desta convocatoria, polo nome do colectivo convocante e pola sorpresa que nos causa que un acto deste tipo se realice na nosa cidade. De tódolos xeitos debemos estar antentos para que no caso de que tenten a súa celebración, impedila con todos os medios dos que dispoñamos.
Debemos advertir que este concerto posúe un forte contido racista e xenófobo, conlevando a súa celebración a chegada de elementos fascistas doutros puntos do Estado. Destacar que este tipo de actos son de carácter ilegal por iso precísan enmascararse baixo entidades fantasmas como esta que se da en chamar "Batallón Lucense".

Dende BAF Lugo e os diferentes movementos sociais da cidade luguesa opoñémonos con rotundidade a que a nosa cidade sexa escenario deste tipo de actos. Coñecemos a impunidade histórica da que teñen gozado os fascistas en calquera punto do Estado Espanhol, causa que motiva que se sigan realizando estes eventos, os que malia a pasividade institucional enfróntanse á resposta efectiva que o movemento antifascista da en calquer parte do estado. Por iso nós non seremos unha expeción.

Dramattic Battle, Guarda da Ferro e Invictos. Tres grupos nazis caracterízados por pertencer á escena R.A.C (Rock Anti Comunista neonazi), ademáis de estar vinculados a organización fascistas e xenófobas. Cabe destacar que estas bandas son coñecidas en toda Europa por participar en numerosos actos ultradereitistas organizados por diversos colectivos que ocultan as súas siglas para saltarse as limitacións legais. Así nesta ocasión o nome usado é “Batallón Lucense” quen podería estar enlazado co extinto “Bastión Lucense”. De tódolos xeitos non vamos a permitir que nin este nin outro tomen a nosa cidade para as súas parafernalias fascistas.
Subliñamos que estes feitos supoñen unha clara apoloxía do xenocidio, da discriminación racial e da violenza gratuíta, que promoven durante o transcurso dos propios actos nos que exhiben swasticas, cruces céltigas e se profiren consignas xenófobos que exaltan o nazismo e desprezan ás vítimas do mesmo. Baixo a apariencia dun concerto, dunha simple actuación musical, neste tipo de demostracións hai implícito un intento de captación, adoutrinamento e financiamento para estes despreciables grupos que merecen dende a nosa parte unha resposta efectiva e consecuente. Malia isto, non esperemos a acción de ningún órgano policial ou institucional que vaia impedir a súa realización. Mentres se siguen criminalizando a grupos como Soziedad Alkoholika ou Banda Bassoti, estes non atopan ningún impedimento nos seus desgraciados propósitos.

En protesta por permitir este tipo de actos fica convocada unha concentración para as 20:30 do Sábado 2 de Maio na Praza do Campo, para denunciar e esixir man dura contra este tipo de grupos , que supoñen unha ofensa a tódalas vítimas fascistas e poñen en perigo a convivencia social, racial e cultural.

É por iso que dende aquí Chamamos a toda a poboación luguesa, consciente da súa condición, a concentrarse en contra destes actos baixo o lema: FóRA FASCISTAS DOS NOSOS BARRIOS! QUEREMOS UN LUGO MÁIS LIMPO!

INFORMAMOS TAMÉN DAS XORNADAS QUE LEVAREMOS A CABO:
As xornadas comezaran a partires das 17:30 así que quen queira poderá pasarse a partir desa hora polo C.S Madia Leva. Lembrade que está situado na Rúa Amor Meilán (Antiga Rúa do Sol) no entrechán do nº18.

PROGRAMA:
-Charla-Coloquio: "O Antifascismo en Lugo: Presente, pasado e futuro dunha loita social"
Intervirán:
*Membro do CAOP (Colectivo Antifascista O Piloto)[Antigo colectivo antifascista lugués]
*Membro de BAF Lugo
Logo haberá un coloquio sobre as diferentes cuestións que se poidan tratar durante as ponhencias.

- Proxección do Documentario: "Carlos un ano sen ti, un ano contigo"

Documentario de pouco máis dunha hora que narra as accións en lembranza de Carlos Palomino, companheiro antifascista asasinado por un elemento militar de Democracia Nacional. Así mesmo proxectaránse algún que outro pequeno documento realacionado co mesmo tema.

- Pinchada de música

A cargo dalgún dos nosos companheiros poráse música de diferentes estilos para amenizar un pedazo. Isto terá lugar no propio centro social onde tamén haberá bebida e pestiscos para os asistentes.

-CONCENTRACIÓN ANTIFASCISTA 20:30 PRAZA DO CAMPO
O punto final das xornadas será unha concentración a que están chamados tódolos secotres da poboación luguesa, que son conscientes da ameaza que constitúe o fascismo para a nosa propia cidade, para demostrar así a unidade e forza de acción que posúe o movemento antifascista en Lugo.

No hay comentarios: